🐇 En 1865, Lewis Carroll escribiu o conto dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas.
🤤 Alicia ensinounos que un buraco moi pequeno pode esconder unha chea de marabillosos acontecementos. E nós puxémolo en práctica.
🏡 Algúns anos despois, no Piorno tamén creamos un buraco. Un buraco que comunica con outro mundo de fantasía onde se crean as mellores receitas da comida da nosa terra. Por ese buraco saen cada día os máis suculentos pratos e as máis variadas preparacións.
🤤 Alicia ensinounos que un buraco moi pequeno pode esconder unha chea de marabillosos acontecementos. E nós puxémolo en práctica.
🥩 Galicia diferénciase de Alicia no ‘gue’. A inicial do gusto, do goce, do gorentoso dos nosos pratos. Galicia, o país das marabillas gastronómicas agárdate no Piorno.